Desenvolvemento dun sistema de distribución de contidos en Erlang

Lieferzeit: Lieferbar innerhalb 14 Tagen

39,00 

Un enfoque descentralizado

ISBN: 3847365983
ISBN 13: 9783847365983
Autor: Ferreiro García, Henrique
Verlag: Editorial Académica Española
Umfang: 92 S.
Erscheinungsdatum: 16.03.2012
Auflage: 1/2012
Format: 0.6 x 22 x 15
Gewicht: 155 g
Produktform: Kartoniert
Einband: Kartoniert
Artikelnummer: 3283784 Kategorie:

Beschreibung

O auxe das tecnoloxías P2P desprazou nos últimos anos as solucións cliente/servidor en moitos ámbitos. Neste libro descríbese como resolver os problemas de escalabilidade dun sistema onde un servidor central se encarga de distribuír contidos multimedia entre unha serie de terminais de reprodución. En tal situación, as programacións dos terminais compartirán unha parte importante dos seus contidos, co cal o traballo do servidor acaba sendo redundante. Este problema demanda aproximacións á distribución de contidos máis óptimas que un simple enfoque cliente/servidor. A introdución dunha alternativa P2P baseada nunha táboa hash distribuída entre os terminais de reprodución permite que estes se organicen nunha rede de pares e coñezan o estado dos recursos nos demais terminais sen a necesidade da existencia dun punto central de coordinación. Con esta información, os contidos que xa foron descargados unha vez serán transferidos directamente dende outros nodos próximos, liberando desta tarefa ao servidor. Ademais dunha análise xeracional das tecnoloxías P2P, o libro presenta a implementación do algoritmo Chord na linguaxe funcional Erlang e probas de escalabilidade do sistema final.

Autorenporträt

Enxeñeiro informático pola Universidade da Coruña. Realizou este traballo como parte do seu proxecto fin de carreira. Actualmente, continúa os seus estudos de 3º ciclo na mesma universidade e está a desenvolver a súa tese de doutoramento sobre profiling de programas paralelos utilizando linguaxes funcionais non estritas.

Herstellerkennzeichnung:


BoD - Books on Demand
In de Tarpen 42
22848 Norderstedt
DE

E-Mail: info@bod.de

Das könnte Ihnen auch gefallen …